miércoles, 29 de abril de 2009

Nota.- Os educadores critican a Feijóo por chamar a “insumisión” en materia lingüística

Reproducido de

Galicia confidencial




Jesús Vasquéz, Conselleiro de educación
da administración Feixoo /FOTO: Ramón Escuredo

A coordinadora galega de ENDL considera “inadmisible” o incumplimento da lexislación educativa por parte de Alberto Núñez Feijóo e asegura que o novo presidente está chamando á “insumisión” para non cumprir o decreto do ensino do galego…

Diante das noticias publicadas hoxe na prensa onde se recolle que o Presidente da Xunta de Galicia, o sr. don Alberto Núñez Feijoo, vai enviar unha circular aos centros educativos dando instrucións a respecto da distribución curricular das linguas oficiais nos centros educativos segundo a vontade do alumnado e o profesorado, a Coordinadora galega de ENDL considera inadmisible que un presidente dun goberno incite a incumprir a lexislación educativa mediante unha circular, documento este que ten como finalidade “aclarar” aspectos da lexislación, nunca para ir en contra dela, xa que non é un instrumento normativo.

Neste momento está en vigor o Decreto 124/2007, que regula o uso e promoción do galego no sistema educativo e que procura que o alumnado reciba un 50% de clases en lingua galega, para así poder garantir que sexa competente nas dúas linguas da comunidade, algo que só se pode conseguir se o alumnado aprende galego pero tamén “en galego”.

Coas medidas postas en práctica no Decreto, non se atentou contra ningún “dereito civil”, polo tanto o noso colectivo non entende porque se fala de “repoñer os dereitos civís nas aulas”. A Coordinadora non dá creto a esta chamada á “insumisión” baixo o discurso da liberdade que deixa na elección do alumnado e do profesorado a lingua das clases, cando está lexislado mediante un Decreto que se estaba comezando a aplicar e que aínda non foran avaliado.

Os integrantes da Coordinadora Galega de ENDL tamén mostran a súa sorpresa polo momento e a forma en que sae esta noticia. Tras un discurso de investidura no que se repetiu ata a saciedade a palabra consenso, promove esta medida sen contar coas persoas e entidades que están implicadas directamente no proceso educativo e/ou con todos aqueles que participaron na redacción do Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento. Dá así a impresión de que os “votos prestados” dos que falaba neste días o Conselleiro de Educación, o sr. don Jesús Vázquez, pesan máis ca calquera intención real de consenso.

Links relacionados

MANIFESTO DA COORDINADORA DE ENDL DE GALICIA

martes, 28 de abril de 2009

OS DEREITOS HUMANOS NO V CURSO DE PRIMAVERA DA USC

O V Curso de Primavera da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo analizará entre os vindeiros días 4 e 8 de maio a situación dos dereitos humanos desde unha perspectiva múltiple, nunha iniciativa enmarcada no programa de actividades de Lugo Cultural.

Este curso, que se celebra por quinto ano consecutivo, pretende invitar á reflexión sobre o estudo dos dereitos humanos, desde diferentes áreas de coñecemento, para dar unha perspectiva plural. Así, abordarase a súa situación presente e as perspectivas de futuro na súa relación con outros ámbitos que están de actualidade, como a liberdade de expresión nos medios de comunicación, as mulleres, os inmigrantes ou a relación do mundo da escola cos dereitos lingüísticos, entre outros.

Asistirán ao encontro deste ano numerosos expertos en ética, política, filosofía e filoloxía, "para reflectir a variedade da nosa facultade e dar así unha perspectiva enriquecedora", explicou Carmen Silva, unha das organizadoras do Curso durante a súa presentación este martes en rolda de prensa. Ademais da presenza de Gregorio Peces-Barba, un dos pais da Constitución, Silva destacou tamén a de Alonso Montero e Darío Villanueva. Por outra banda, "teremos unha mesa redonda totalmente vivencial, onde se abordarán casos de colectivos aos que se lles vulneraron os seus dereitos", indicou.

Dentro desta idea de pluralidade, o curso inclúe diferentes modos de presentación, de xeito que non "serán soamente exposicións orais, senón que haberá proxeccións cinematográficas e tamén música", asegurou Silva.

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, destacou a relevancia desta oportunidade de "facer unha reflexión sobre unha temática que precisa dunha reinterpretación da sociedade na que hoxe vivimos" e salientou que este era un dos cursos máis exitosos do Campus lugués, "con preto de douscentos participantes habitualmente". Neste acto estivo presente a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.

Programa

O programa destas xornadas, que conta con dezaseis conferencias e varias actividades culturais, presentarase o luns 4 nun acto inaugural que terá lugar na Escola de Formación de Profesorado de Lugo, ás 19:00 horas, e que correrá a cargo de Xesús Alonso Montero, quen disertará sobre o problema dos dereitos humanos en dez cartas de republicanos galegos condenados a morte.

martes 5

10:00 horas María Xesús Lobeiras falará sobre a liberdade de expresión como condición transcendental da verdade profesora Pilar Encinar, que analizará os dereitos humanos a medio camiño entre a utopía e o fracaso, e da profesora da Escola Universitaria de Formación do Profesorado Beatriz Fernández, que centrará a súa exposición na educación e a cidadanía global. 12:00 profesor Luís García e Elena Freire, que analizarán os dereitos humanos como unha lei común e os dereitos culturais, respectivamente. 18:00 horas Darío Villanueva cun relatorio titulado 'Voces e visións de El Quijote'.

mércores 6

10:00 horas Gregorio Peces-Barba 'Dereitos humanos como concepto histórico'. Alba Nogueira 'Lingua e dereito. Teñen dereitos as linguas e/ou os falantes?', á que lle seguirá Cristina Caruncho para falar sobre ética, xénero e medios de comunicación.

16:00 horas, Antonio Doval abrirá a sesión da tarde para analizar os dereitos humanos en relación coa pobreza e a axuda ao desenvolvemento'. Montero Reguera e Gaetan Cyrille. Para rematar a xornada, un representante de Unicef abordará a cuestión dos dereitos da infancia e a acción humanitaria.

xoves 7

10:00 horas profesor Xesús Varela Zapata 'A fantasía de Gulliver como reivindicación da tolerancia'. María Xesús Nogueira A defensa dos dereitos humanos na poesía de Celso Emilio Ferreiro. profesora Esperanza Guisán o dereito á educación moral. profesores Joaquín Rodríguez e Xavier Etxeberria analizarán os dereitos humanos desde a perspectiva lexislativa. Carlos Fernández, de Amnistía Internacional en Lugo, pechará o programa do día co relatorio ' Dereitos humanos no século XXI'.

Venres 8

No último día do Curso de Primavera está prevista unha mesa redonda baixo o epígrafe 'Historias reais sobre dereitos humanos' na que intervirán Cristina Vlad, Claudia Laos, Moncho Iglesias, Víctor Omgbá e Rasim Maslic.

A USC acolle o campionato de Piragüismo na modalidade de Canoa-Dragón

Os dous botes na regata
Foto: M. Muniain

Vintedous deportistas déronse cita o pasado vernes 24 no porto de Pontecesures no
Campionato da Universidade de Santiago de Compostela e de Galicia Universitario de remo excibición en canoa_dragón que organizou a USC. Súmase esta actividade deportiva a outras máis, que completan os Campionatos de Galicia Universitarios 2009 que celebran as Universidades galegas (USC, Univesidade de Vigo e a Univesidade da Coruña) coa Dirección Xeral para o Deporte.
O Galego de remo desenvolviose das 17:00 ás 19:00, como un campionato de exhibición. Competiron dez depo
rtistas na disciplina canoa e vinte nas duas tripulacions que se presentarón a regata de Dragón, unha da Universidade de Santiago e outra de Vigo.
Nesta ocasión gañou a embarcación da Universidade de Vigo.

A USC organiza ademais outros dous campionatos galegos como o de Natación,e de Tiro con Arco o 30 de maio en Santiago. A estes súmanse o xa celebrado en Lugo de Circuíto Galego en Ruta e o de exhibición de Badminton en Santiago.

Pola sú
a banda, a Universidade de Vigo ten a responsabilidade de organizar o campionato de Xadrez e á da Coruña correspóndelle a organización das competicións galegas de volei praia , e na naútica a exhibición de vela .